Marín

   Picuiña

A casa do Coto


 

Picuiña, cuarteto tradicional.

Nunca tres palabras enceraron tanta verdade e mentira o mesmo tempo. O único incuestionable é o nome PICUIÑA, ( dícese do primeiro piar do paxaro, non ten nada que ver co conxelleiro), e menos mal que escollemos este nome, porque as alternativas que tiñamos en mente ( Os taberneiros, Os do peso, OS furancheiros, ......) non son nin por asomo a metade de bonitas. Sentímonos orgullosos de ser Picuiños. Inda que fixemos unha boa elección do nome do grupo, as alternativas poden axudarnos a entender os principios de Picuiña, un grupo de amigos que gustaban da gaita e que lle encantaba xuntarse para tocar e tomar unha cunca de viño. O asunto foi que pouco a pouco ian aparecendo actuacións e había que buscar un nome, porque a xente gústalle saber a quen lle paga, e así nace Picuiña, unha romería aquí, un festival alá, e moita festa  a festa que non falte. Os gaiteiros Jose e Felix e a percusión a que lle cadre, Alfonso, Ana, Vicente o tambor,Carlos (Charlin), Rafa, Ana, David, Geno o bombo, o importante era xuntarse catro e ala a tocar, era alá polo ano 1.996. A finales do 97 únesenos Pachi o tambor que xunto con Vicente e Charlin  pasan a ser os percusionistas fixos do grupo. No 98 Charlin por  motivos de traballo tennos que abandonar, no 2000 incorporase como bombeiro Raul e xa no ano 2001 a última incorporación Cesareo.

 Jose, Felix, Pachi, Vicente, Cesareo e Raul, o esquelete de Picuiña, pero Picuiña tamén son Berto, Geno,Suso, Aboal,  . . . que sempre están hai para botar un remendo cando algún de nos non pode ir a tocar. E non me podo olvidar do resto dos nosos compañeiros de batalla, Juan, Rafa, Vicente, Budi . . . . destacamento de intendencia. Gracias a todos eles, Picuiña tamen son eles.            

Pero sigamos analizando, CUARTETO TRADICIONAL,      xa sabedes que de cuarteto nada, somos mai que catro, pero o que si é verdade e que todos os membros de Picuiña o que mais nos gusta da nosa música son os cuartetos tradicionales. Os nosos guías son Os Campaneiros de Villagarcía, Os morenos de lavadores, Os Cruceiros, Airiños do parque de Castrelos, Os gaiteiros de Sotuelo, e tantos outros. En canto o de tradicional, pois bueno, a música coa que mais nos divertimos é a tradicional ainda que nos gusta marcarnos retos con pezas de composición de alta dificultade. No noso repertorio pódense atopar dende pezas dos Campaneiros, dos Morenos, dos Peruchos dos Campaneiros, ......... arreglos para cuarteto de pezas de gaiteiros solistas como o Poso, Juanito de Carballal, Carelle, .... e como non pezas de composición recente de Ivan Costa, Ernesto Campos, Francisco Landín, Canuto Verea, Vaamonde, .....

O que si podemos garantizar, que onde este Picuiña esta a festa.

 

 
 Contactos:
657030938  Jose
picuinha@eresmas.com
 

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.