PaidaCana

Cerámica e forxa artística  
 

O grupo de música tradicional “Pai da Cana” nace no ano 1995 dentro da A. C. Pai da Cana, como froito da suntanza de un grupo de folcloristas que se plantexan como tarefa principal, o achegamento da música tradicional galega a tódolos públicos na procura dunha identificación máis directa coas nosas raices.

Durante uns anos foron innumerables as actuacións que realizaron por toda galicia entre as que cabería destacar moitos festiváis, intervencións no programa Luar da TVG, programas de radio, así como unha saída das nosas fronteiras para realizar un concerto na Casa de Galicia de Madrid. Nesta  etapa o grupo tamén foi gañador de diferentes premios coo o II conscurso de Música Tradicional de Vigo (1996) así como o I e III Memorial Manuel Texo (1996 e 2000).

No inverno do ano 2002 PaidaCana reorganízase de novo con outra formación de músicos e integrantes, así músicos procedentes da canteira de escola da asociación, antigos PaidaCana e outros intérpretes están agora inidos no proxecto de continuidade dun gropo que nos esmoreceu.

PaidaCana remata unha primeira etapa coa gravación  dunha parte do seu repertorio nos discos: Ruta Folc.: Terra Galega (Disco Trompo 1998) I e II, Concurso de Gaitas Manuel Texo (1998 e 2000) e Os Sons da Ulla (Phonos 2001).

Despois dunha intensa preparación o grupo está listo para mostrar a súa nova proposta musical, mantendo a categoría e o nivel que sempre caracterizou ó Grupo de Música Tradicional PaidaCana.

O novo PaidaCana pretende representar a riqueza da tracición musical galega das diferentes épocas ofrecendo o máis variado abano de posibilidades da música poùlar, misturados cuns arranxos modernos e actuáis cos que plasman a personalidade de grupo que define o selo PaidaCana, nunca proposta na que predomina a orixinalidade, frescura, tradición e innovación a través da madurez interpretativa do conxunto.

O repertorio do grupo está formado fundamentalmente por melidías populares do noso acervo interpretadas con instrumentos representativos da nosa cultura.

PaidaCana representa ademáis diferentes formacións musicáis, estas aranquen dende as máis enxebres e proias da nosa tradición ata os grupos flques actuáis, así representan solistas ou agrupamentos de músicos populares dos que resaltan: o gaiteiro solista, os cuartetos tradicionáis, as charangas, os coros, zanfinistas e violinistas, así como calquer outra formación que estivera presente en Galicia nalgunha das súas épocas.

Nas actuacións o grupo pretende crear un ambente de festa do que todos poidan ser partícipes nun momento dado disfrutando así dun repertorio no que reservamos un espacio para tódolos gustos, así poderanse ver identificados co grupo, os puristas, os innovadores e aqueles que só pretenden pasar un rato agradable escoltando boa música, das mans e na compaña de PaidaCana.

 

PaidaCana. Poio. TLF --

A casa do Coto

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.