Vigo

   Asociación Cultural Folclórica "0 Fiadeiro"
 

O grupo para a recuperación de bailes, músicas e cantares tradicionais O Fiadeiro nace no ano 1991, co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural dun tempo en que se viviron os «seráns» e as «foliadas», en que había grandes bailadores de solto e de agarrado... o que permanece agora na memoria dos máis vellos.


Fóronse sumando a este proxecto moitas persoas interesadas na cultura popular de Galicia ata chegar en 1994 á representación da 1ª Gala "Esta noite hai unha fía" no Auditorio Cidade de Vigo, en que se deu a coñecer o resultado do traballo do grupo na recuperación do folclore galego.


No 1995 o grupo constitúese legalmente como Asociación baixo o nome de Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (A. C. F. O Fiadeiro), continuando co labor de investigación etnográfica.
O Fiadeiro consta dunha sección de baile e outra de acompañamento, que por súa vez inclúe un conxunto de pandeireteiras, outro de pandeireteiros e unha charanga.


No 1998 foron creados cursos de percusión tradicional e de gaita, así como escolas de baile, pandeireta e canto tradicional tanto para nenos como para adultos. Estes cursos e escolas contan cada ano con máis participantes e é asombroso ver como a xente está a cada paso máis involucrada na aprendizaxe non só do baile ou canto senón de todo o referente ao noso folclore e cultura.


Máis unha vez, velaquí o resultadódo noso traballo: a organización da gala "Esta noite hai unha fía", na que se expon parte do recuperado nos últimos traballos de investigación (véxase o sitio webwww.ofiadeiro.com).
 

 
 Contactos:
629 585 355      www.ofiadeiro.com

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.