Vigo

   Carnaval de Hio
 

A casa do Coto

SSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS PPPOOOOOOOOOOOOOOOOOONNNNNNNNNNNN, xa esta aquí o Señor José, o Canario, é o fogueteiro de Vilariño dende fai moitos anos, a verdade é que a un non o espertan tódolos días botando un foguete ó pé da súa porta pero eu cambiariao sen dubidalo polo aburrido bep bep do meu espertador. Aínda non tiven tempo de estirarme e xa está a bater na fiestra para que nos levantemos axiña. No carnaval non fai falta levar reloxo, o tempo marcao o fogueteiro, e o Señor José, o Canario, é un fogueteiro dos de antes.
Parece que levamos toda unha vida aquí en Vilariño,e chegamos fai dous días, o domingo pola tarde. O chegar xa nos recibiu cun foguete O canario, coestoupido apareceú un grupo de rapaces que nos seguiron toda a tarde e tamen como non Gelucho.
- “ xa miraredes, o martes non vades aguantar” repetía unha e outra vez.
Pois ben xa é martes . . . . . . . miraremos se aguantamos ou non.
Peguei un chimpo da cama e fun espertar os compañeiros que entre bostezo e bostezo íanse ergendo xa.
- “Veña que xa é tarde, os de Donon xa votaron os foguetes” di Señor José, ó seu carón un dos presidentes do carnaval só ten forzas para movela cabeza de arriba a baixo e decir un bos dias que ainda cheira a viño.
A verdade e que a noite onte foi longa: estivemos tocando ata as catro da mañán no local da festa ainda que o peor foi chegar rendido a casa onde nos aloxaron e atopar uns patos no baño, sí uns patos vivos chapoteando na bañeira, neste lugar é tipico gastarlle algunha trastada os gaiteiros e a de este ano foron os patos, a verdade é que pese o cabreo das catro da mañan cada minuto que pasa faime mais gracia.
O chegar o bar de Vilariño, centro de operación xunto co local da festa, xa nos agarda o almorzo. Non hai tempo que perder escoitanse os foguetes das outras comparsas que veñen de camiño. O sair do bar atopamonos a Gelucho agarrado o estandarte da comparsa e os nenos e menos nenos xa preparados para partir. E incrible ver a todo un pobo volcado no carnaval, un carnaval a base de gaita, viño e moito humor. O dia será longo, temos moito que camiñar ata Limens, de Limens a Nerga e de alí a Donon e volta a Vilariño, isto levaranos todo o día.
O chegar cerca de Liméns ocupamos o noso sitio, cada comparsa ten un lugar asinado, un ritual que se repite en cada lugar no que se toca. A comparsa do lugar agarda a ambos lados do camiño a que pasen o resto das comparsas dando vivas a cada unha delas, unha vez que xa pasaron todas estas se deteñen para que a comparsa do lugar pase de novo polo medio e reciba os vivas das outras comparsas entrando a primeira na súa aldea. En cada aldea dirixense todas xuntas o “palco de fora” onde todas acturan empezando pola comparsa anfitriona. Tócanse duas pezas mentres a xente da comparsa baila o pé do palco, o rematar, uns dos presidentes da comparsa grita os vivas e deixase sitio a seguinte comparsa.
Xa chegan os de Donon detrás deles imos nos. O pasar os gaiteiros de Donon saudámolos coa cabeza, eles responde o saúdo (é iste un ritual sagrado no carnaval), e xa detrás deles diriximonos o palco de Limens. Mentras non chega o noso turno aproveitamos para afinar, as pezas que se tocan nos palcos hai que tocalas ben, en cada pobo o pe do palco sempre están os maiores do lugar, o xurado mai exisente, cando os miras de pé non podes deixar de pensar que fai anos por estes mismos lugares estaban a tocar OS CAMPANEIROS, OS MORENOS, AIRIÑOS DO PARQUE DE CASTRELOS, OS CRUCEIROS..... e tantos outros que pasaron por estos carnavales.
O rematar a actuación acercasenos un veciño de Vilariño e nos di “ ven rapaces, ben, pero en Nerga hai que facelo ainda mellor”
Todolos carnavales hai un concurso oficioso e o premio otorganno os vellos en Nerga, pero bueno antes de partir para alá ecomo é costume despois da actuación chega a hora de tomar unha cunca de viño e algo de comer.
O cabo dun rato empeza a xente a moverse, “gaiteiros gaitas o lombo” grita algún. Antes de partir tocamos algunha peza na taberna ou bodega particular onde nos deron acollida, e outro dos rituales do carnaval, o chegar a un sitio tocanse un par de pezas e antes de marchar outro par delas, según comeras ou beberas tocalas mais boas ou mais ruíns.
O fin parece que imos botar a andar, ainda que antes hai que pasar polos tramite obrigado o partir de cada pobo, todalas comparsas forman na rua e abren un camiño polo medio para que a comparsa do pobo pase polo medio. De novo os vivas de novo os saudos entre os gaiteiros e o barullo de estar tocando todo o mundo a un tempo, e así, en formación, arrancamos de novo a caminata tocando todo o rato para que a xente se anime.
O botar unha ollada a nosa comparsa xa podemos ver os últimos en chegar ainda con cara de sono de onte pola noite. O martes de carnaval e o dia grande e ninguén o quere perder, o domingo pola tarde cada grupo toca no seu pobo e rematase pola noite no local da festa, ata as 3 da maña estivemos nos a tocar este ano, o luns tócase en Vilariño, Iglesario, Pintens e Vilanova e pola noite de novo festa ata as tantas, pero o martes e o dia que se xunta mais xente para ir ata Donón.
Xa por fin chegamos a Nerga e os nervios entre os gaiteiros e a xente maior xa se nota, é o palco onde mai xente se xunta e hai que facelo ben, voltamo a afinar, parece que as gaitas soportaron ben o maratón ata agora, subimos o palco e tocamolas nosas pezas o acabar os vivas e unha vez o pe do palco a noraboa dos veciños, xa podemos estar contentos pasamos a primeira proba do carnaval, quedanos a segunda acabar en pe e con animo a noite.
Nada mais acabar de tocar poñémonos en marcha. Este ano comemos en Donon e ata alí ainda nos quedas uns sete kilometros que hai que facer andando e tocando, pero bueno sabemos que o chegar nos espera un bo xantar, os gaiteiros sempre os coidan ben, será porque sen gaiteiros non hai festa.
Ainda estabamos a tomar o café en Donon cando escoitamos os foguetes das comparsa que chegaban casi sen tempo imos correndo hacia o palco, a verdade e que hai palcos para todolos gustos peron en ningún pode faltar o verde e as bandeiras de galicia.
O acabar a actuacion no palco os vivas VIVA DONON, VIVA A XUVENTUDE DE DONON, VIVA VILARIÑO, VIVA A XUVENTUDE DE VILARIÑO, VIVA OS NOSOS GAITEIROS, VIVA AS MOZAS DE VILARIÑO, VIVA O SANTO DA CAPILLA, VIVA A PEDRA AMARRADA, VIVA O CARNAVAL.
Despois dos vivas botarnos a andar outros 7 kilometros ata Vilariño e ö chegar tocarmos ata as 6 da maña, cunha pequena pausa para cear e outra de madrugada para tomar o chocolate con churos ou o que se preste.
O final aguantamos a carnaval en pe e con humor,a pena é que non estaba Gelucho para decirnos “aguantastes ben sodes uns machotes”. As 6 da maña acompañaronnos ata a casa que tiñamos os gaiteiros para eses dias e cantamos xuntos as últimas pezas, a verdade é que é imposible topar un público maís fiel e entregado a festa ea gaita que este fato de festerios sempre dispostos a bailar outra peza e para quenes a frase “ ala vai a derradeira” non existe.
Espero que este carnaval dure moitos anos e así mais gaiteiros poidan pasr por esta experiencia, e tamen a xente pida seguir disgrutando dunha festa só con gaita, bo humor e o viño que nunca falte.
VIVA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAL.
 


Por Jose Gil


 

 
 
 

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.