Cangas

   Chacarrandaina
 

¿Que significa Chacarrandaina? .É unha palabra moi antiga, na actualidade pouco usada. O seu significado é o de ir de festa, pasalo ben..., que é o que os seus compoñentes intentan transmitir ó público coas suas cancións, introducíndo novos ritmos, con instrumentos coma o tambor redoblante (Premier), o djembe,... destacando na maior parte os instrumentos tradicionais galegos.

Chacarrandaina fórmase no ano 2000, anque algúns dos seus compoñentes participaron durante anos en diversas agrupacións folclóricas. Nalgunhas actuacións a banda divídese en dous pequenos grupos, cada un de 5 compoñentes, e estes quintetos reciben os nome de ANÍROLA e ESMORGA.

Os compoñentes do grupo, traballadores e estudantes ascenden a 10 persoas, con idades comprendidas entre os 15 e os 24. Decimos ascende porque cando se formou o colectivo constaba de tan só 5 membros. A organización do grupo lévase a cabo entre todos, tanto os menores como os maiores aportan os seus coñecementos para unha mellora do grupo. Cabe suliñar a función de Xabier Rebouzas, presidente e director da banda durante estes dous anos.

As pezas que van interpretar esta noite son todas de autores galegos, como Bieito, Romero, Carlos Corral

A Noite das Meigas, Polca de Lioira, Xota do Cebreiro, Rumba de Vergara, Vento das Cíes...


 

 
 Contactos:
Tlfs:  986 304 327        ||     627 951 434

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.