Pontevedra

   Avelaiña   
 
AVeLAIÑA é  un grupo folc pontevedrés que trata de unir letras e 
melodías de carácter tradicional con arranxos que resulten atractivos e 
actuais, engadindo tanto harmonías novas coma ritmos étnicos ou 
compases compostos, na procura de sonoridades novas e orixinais. No ano 
2001 autoedita un CD titulado "Proxecto AVeLAIÑA" no que xa se aprecian 
estas liñas de traballo.
Da formación que gravou dito CD permanecen Felipe (percusións) e Antón 
(guitarras, baixo e bouzuki). Actualmente completan o quinteto: María 
(teclados), Loli (acordeón e voz), e Roberto (gaitas, pito, asubío, 
pandeireta, zanfona e voz). Tódolos compoñentes posúen unha ampla 
experiencia no ámbito musical galego, participando en grupos como 
Champurrada, Liorna, Alén do Ar ou o Cuarteto Tradicional Os Alegres.
Aproveitan esta actuación para presentarvos os seus novos temas, que 
como no traballo anterior son todos de composición propia.

 
 Contactos:
Roberto - 986 86 10 62   correo-e robertoquin@terra.es
Antón   - 986 72 03 97   correo-e villanueva@wanadoo.es

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.