Vigo

   Ardentía

A casa do Coto

O Grupo de Música Folk-Tradicional “ARDENTÍA” naceu en Outobro de 1990 coa intención de profundizar no estudio da música tradicional galega e incorporar nos concertos outros instrumentos populares menos coñecidos, (Trompa, Requinta, Pito, zanfona, Acordeón, Clarinete), asi como cantos populares.

A partires desa idea inicial Ardentía foi evolucionando hasta convertirse nun grupo que pretende convertir cada actuación nunha festa popular. Utiliza para lograr ese fin un repertorio variado, baseado en temas populares galegos e temas compostos polo grupo con influencias tradicionais galegas, e introducindo as voces como elemento significativo.

Unha das contribucións máis significativas da divulgación da música tradicional que realiza Ardentía é a dirixida ós alumnos das escolas públicas da provincia de Pontevedra nas que, co patrocinio da Excma. Deputación de Pontevedra, da a coñecer o xeito de fabricación e posibilidades sonoras de tódolos instrumentos tradicionais galegos.

Con dous discos no mercado e a punto de sacar o seu terceiro disco, Ardentía está recibindo multitude de eloxios tanto polo público como pola Prensa especializada tanto nacional (Revista Folk Na Gaits, Faro de Vigo, Radio Galega, Radio ECCA, Radio Barcelona...) como internacionalque o definen como un dos mellores grupos no eido da música tradicional de Galicia. Tamén ten recibido diversos premios entre os que destaca o de “Mellor Artista Revelación do ano 2000" outorgado pola Televisión de Galicia na Gala Luar 2000.

DISCOGRAFÍA

“PARA BRINCAR NO RUEIRO”. Ed do Cumio. 1996.

“ARDENTÍA”. Ed. do Cúmio 1998

En ámbolos dous traballos podese atopar unha parte do facer musical ó estilo Ardentía, tendo en conta que o mellor desta música resulta sempre ó vivo.


COMPOÑENTES:

LUIS PREGO: Acordeón, Gaita, Requinta en Sol, Pandeireta, Pandeira.
SALVADOR PÉREZ: Gaitas , Requinta en Do. Pito. Pandeireta
XOSÉ CRISTÓBO PASCUAL: Tamboril, Zanfona. Culleres.
ROBERTO C. CEDÓN DO NASCIMENTO: Gaitas, Clarinete, Pito.
MIGUEL A. GONZALEZ: Bombo, Gaita, Requinta en Sol, Tarrañolas.
ANTONIO SUÁREZ: PandeIreta, Pandeiro, Cunchas, Ferriños.

ALGUNAS ACTUACIONS:

PRESENTACIÓN DO DISCO “NACIONS CELTAS” EN VIGO (1998)
FESTA DO MARISCO DO GROVE (1998)
FESTA DA OSTRA DE ARCADE (1999)
FESTAS DO CARME DE A GUARDA (1999)
FESTIVAL LUSO-GALAICO DE ENTIENZA (1999)
FESTIVAL “GUINNESS” NO PUB IRISH HARP DE VIGO (1999)
FESTIVAL FOLK DE OUZANDE (2000)
FESTA MEDIEVAL DE MONDOÑEDO (2000)
FESTIVAL DO MAR E DOS MARIÑEIROS DE BREST (BRETAÑA) (2000)
FESTA DO VIÑO DE CELA (BUEU) (2000)
FESTAS DE LISBOA (PORTUGAL) (2000)

ANO 2001

AULA DE CULTURA DE BETANZOS
XII CANTIGAS DE MAIO DO SEIXAL (PORTUGAL)
FESTA DAS ROSAS EN MOS
FESTAS DE MACEDA
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE TUI
FESTIVAL DE MÚSICA FOLK DE GONDOMAR
ESPECIAL DIA DE SANTIAGO NA TVG
ACTUACIÓN EN RIANXO
FESTIVAL NO PARQUE NATURAL DA BAROSA EN BARRO
FESTA DAS CANCIÓNS MARIÑEIRAS PAIMPOL 2001 EN BRETAÑA
FESTAS DA INSUA (VILALBA)
FESTAS DE MONÇAO
JIRA SANTALLA 2001 (STA. EULALIA DE OSCOS)

 


 



 

 
 Contactos:
627456883 Luis Prego
627456886 Cristobal Pascual
 

A casa do coto  -  listado de grupos  -  programación cultural  -  enlaces

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.