ANACOS DE BUXO

   Vigo

 

Anacos de Buxo nace no mes de setembro do 2002,co fin de cumplir o gusto de catro rapaces (de entre os 13 e os 16 anos), con ilusión pola nosa música tradicional.
O seu fin era presentarse ao “concurso de cuartetos tradicionais”de Ponteareas. Acadou unha moi boa posición, sendo finalistas.
Gracias ao seu éxito no primeiro concurso ao que se presentaron, decidiron continuar como grupo e facer diversas actuacións.
Os compoñentes do grupo teñen un alto nivel de formación musical gracias aos seus estudios no conservatorio e a súa actividade en bandas de gaitas, concretamente na Banda de gaitas Xarabal e diversos grupos de Vigo e comarcas.
En decembro do 2002 acada o terceiro premio no concurso de Sanxenxo.
Proclámase campión do concurso celebrado en Arteixo no mes de Abril do ano 2003 na categoría A.
Xa no mes de maio do mesmo ano, reciben o primeiro galardón no VI concurso “Memorial Manuel Texo” celebrado en Vedra.
O día 12 de Xullo do ano 2003 gañan o terceiro premio no concurso de cuartetos “IV Memorial Ricardo Portela” na cidade de Pontevedra.
Tan só unha semana despois do Ricardo Portela, gañan o segundo premio no concurso de cuartetos e quintetos de Miño.
Ao chegar o mes de Setembro,o cuarteto cumpre un ano, concretamente o día 21, data que coincide coa final do concurso de cuartetos de Ponteareas onde acadan o 2º premio
O día 21 de Decembro gañan o terceiro premio no concurso de cuartetos tradicionais de Sanxenxo.

Compoñentes:
Xurxo Fernández: gaitas e frautas
Pedro Álvarez: gaitas e frautas
Ramón Corral: tamboril
Álex Covelo: bombo
 

 

A casa do Coto

© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.